ACTOR
Elisardo de la Cruz

Nace na Coruña en 1975. Fai teatro amador na escola e na universidade. Fórmase na Escola Municipal de Arte Dramático de Madrid. Licénciase na carreira de Publicidade funda a axencia de publicidade Empatía Comunicación.

Continúa a súa formación en Teatro do Andamio, con Álvaro Guevara e Tatiana Likhacheva. Forma parte da compañía Bartoleta Teatro dirixida por Helga Méndez.

No 2020 remata os estudios de Formación de Actrices e Actores na Escola de Narón. No 2021 funda “Empatía Teatro”, e “Esas Cousas Marabillosas” é a sua primeira producción profesional.

DIRECTORA EN XIRA
Celia González
Graduada en Interpretación Textual na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, como actriz foi premiada co María Casares á mellor actriz secundaria no 2020 por “Bernarda”.
 
Como directora dirixiu diversos espectáculos na Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón, onde imparte clases de Interpretación e Voz e dicción.
DIRECTOR/TRADUTOR
Avelino González

O director e tradutor Avelino González dirixiu espectáculos para as compañías LagartaLagarta, Talía teatro, Culturactiva, DeUve, … entre outras.

Ademais como actor fundou a compañía Ollomol Tranvía e actúou con Teatro do Aquí, CDG, Ibuprofeno, … E tamén fixo televisión e cine. 

Recibiu o premio María Casares ao mellor texto orixinal no 2004 e a mellor tradución nos anos 2006, 2007 e 2011.

AUTOR
Duncan Macmillan

É un escritor e dramaturgo inglés internacionalmente aclamado por público e crítica dende o seu primeiro texto publicado:

«The most Human Way to Kill a Lobster», do 2005, ó que seguiron “Lungs“(Old Vic; Studio Theatre, Washington DC; Paines Plough/ Sheffield Crucible); “Rosmersholm” (Duke Of York’s, West End); “People, Places and Things” (Headlong/ National Theatre/ West End/ St Ann’s Warehouse, New York/UK ); “1984” (co-escrita e co-dirixida con Robert Icke, Headlong/ West End/ Broadway/ e xira nacional e internacional); “City Of Glass” (HOME/ Lyric Hammersmith), “2071” (co-escrita con Chris Rapley, Royal Court/ Hamburg Schauspielhaus); “The Forbidden Zone” (Salzburg Festival/ Schaubühne Berlin/ Barbican); “Wunschloses Unglück“ (Burgtheater Vienna); “Reise Durch die Nacht”(Schauspielhaus Köln/ Festival d’Avignon/ Theatertreffen); “Monster” (Royal Exchange Manchester). Outras escritas: “Love Lockdown” 

(Schaubühne Online), Grounded (Headlong/BBC) e Trigonometry (co-escrita con Effie Woods, BBC/HBO)

«Every Brilliant Thing» (Esas cousas marabillosas), que se vén representando   ininterrompidamente en teatros de todo o mundo desde a súa estrea en 2015, é, sen dúbida, un dous seus maiores éxitos.