Unidade didáctica
A obra vai acompañada duna proposta didáctica pensada principalmente para os IES, aínda que é flexible e adaptable a diferentes idades e etapas educativas. As unidades están deseñadas para 2º, 3º e 4º da ESO, e poden desenvolverse entre 3 e 5 sesións. Integran materias como Física e Química, o ámbito científico-tecnolóxico e Educación en Valores. O profesorado disporá de materiais ao longo do curso, o que permite a adaptación curricular en contidos e actividades ao nivel do alumnado.
A proposta utiliza a figura de Marie Curie como eixo interdisciplinar para traballar en conxunto contidos científicos e sociais. A través do espectáculo e das actividades posteriores, o alumnado achégase ao método científico, aos conceptos básicos da materia, enerxía e radioactividade, e á relación entre ciencia, tecnoloxía e sociedade. Ao mesmo tempo, foméntanse valores como a preseveranza, o pensamento crítico e a igualdade de xénero, en consonancia co currículo da LOMLOE e co obxectivo de comprender a ciencia como unha construcción colectiva con impacto real na vida cotiá. Os materiais propostos conectan tamén cos ODS, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS3: Saúde e benestar, ODS4: Educación de calidade, ODS5: Igualdade de xénero, ODS9: Industria, innovación e infraestrutura, ODS10: Reducción das desigualdades, ODS17: Alianzas para lograr os obxectivos).
Na aula, as unidades permiten combinar investigación guiada, actividades prácticas, traballo comparativo e debate. Entre os obxectivos: coñecer a biografía de Marie Curie, comprender de forma básica a radioactividad, valorar a contribución da ciencia á mellora da vida, reflexionar sobre o papel das mulleres na historia científica e desenvolver habilidades de busca, selección de información e comunicación. O resultado? Unha ferramenta pedagóxica coa que transformar a experiencia teatral nun recurso educativo completo, con aplicación no ámbito cienítico e social.
Para consultar en detalle a estrutura das UUDD desenvotas, contactar en: info@empatiateatro.com.