Axenda

ESTREA

Data: 6 de noviembre de 2026
Hora: Por definir
Espazo: Pazo da Cultura de Narón

ESTREA

Data: 7 de noviembre de 2026
Hora: Por definir
Espazo: Pazo da Cultura de Narón

Ordes

Data: 9 de octubre de 2026
Hora: Por definir

O Rosal

Data: 15 de noviembre de 2026
Hora: Por definir

Espectáculos

Esas cousas
marabillosas

Curie: ou a simetría
dos fenómenos físicos

Sobre nós

Empatía Teatro defínese polo seu compromiso absoluto de mellorar a sociedade a través do teatro, entendido como unha ferramenta para que o público saia da sala cunha actitude máis positiva e unha maior sensibilidade cara a temas cruciais como a saúde mental a ou a igualdade entre homes e mulleres. A esencia da compañía reside na difusión de valores universais como a empatía, a solidariedade e o respecto.

A súa identidade artística aposta firmemente tanto pola creación propia e a linguaxe contemporánea como por autores contrastados, partindo da crenza de que as historias deben xurdir de cada momento vital da sociedade. A compañía promove un diálogo entre a arte e a ciencia, utilizando formatos como o «biopic poético» onde o rigor documental se combina cunha linguaxe accesible e emocionante que busca interpelar ao público sobre conflitos actuais como o feminismo, a importancia da investigación, a inmigración ou o pacifismo.

No plano profesional, Empatía Teatro busca afianzarse como unha compañía de teatro profesional de referencia na zona de Ferrolterra, contando sempre cun equipo artístico e técnico de contrastada traxectoria para garantir a calidade dos seus proxectos. A esencia de Empatía Teatro é inseparable da súa vocación polo fomento de públicos e a educación, poñendo un foco especial na mocidade como motor de cambio profundo na sociedade. A compañía traballa para que as súas obras transcendan a experiencia na sala de teatro, integrando unidades didácticas, exposicións itinerantes e accións de accesibilidade cultural para que a comunicación e o debate coa audiencia sexan sólidos, prolongados no tempo e accesibles para todos.